¡POLA EQUIPARACIÓN SALARIAL DOS DOCENTES GALEGOS!

¡POLA EQUIPARACIÓN SALARIAL DOS DOCENTES GALEGOS!

Creada
4 de mayo de 2018
Firmas: 1505Próximo objetivo: 2500
Apoyar ahora

Por qué es importante esta petición

Iniciada por CSIF ENSINO GALICIA

 

CSIF Ensino lembra ao Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia que recentemente se alcanzaron importantes Acordos no ámbito nacional –asinados por CSIF– na recuperación de dereitos dos empregados públicos e, por tanto, dos docentes: subida retributiva ata o 8,79%, ofertas amplas de emprego público, eliminación da obrigación de desconto por baixa médica (incapacidade temporal), fondos adicionais, recuperación paga extra 2012, posibilidade de negociación da xornada lectiva e bolsa de horas de conciliación familiar.

Pero no que respecta ás retribucións competencia das comunidades autónomas, existen diferenzas importantes entre docentes dunha ou outra comunidade.

O profesorado galego cobra ata 300 euros mensuais menos que os doutras comunidades e entre 100 e 180 euros por debaixo da media según o corpo e anos de servizo. É labor do Conselleiro defender os seus dereitos e o recoñecemento que merecen acoutando estas incomprensibles diferenzas entre traballadores de corpos nacionais.

É insustentable e impresentable que existan estas diferenzas entre os docentes, que son corpos nacionais e desenvolven o mesmo traballo, independentemente da comunidade onde estean a exercer a súa profesión.

A brecha económica entre os docentes de Galicia e os doutras comunidades prodúcese nos complementos económicos competencia das comunidades autónomas.

O acordo do 9 de marzo co Ministerio de Facenda abre as portas para a equiparación salarial a través dos fondos adicionais.

Para esixir esa homologación,  pedimos o voso apoio.

 

Apoyar ahora
Firmas: 1505Próximo objetivo: 2500
Apoyar ahora
Comparte esta petición en persona o usa el código QR en tu propio material.Descargar código QR

Destinatarios de la petición